luns, 27 de febreiro de 2023
Vexo, Veo Xacobeo
Durante este curso, co alumnado de 1º e 2º, xunto coas titoras e a profe Guada, estamos participando no programa Vexo, veo Xacobeo, dentro do Plan Proxecta. Tras recibir a carta de Tina Calixtina e equipala para facer o camiño, repasamos os símbolos que se vai atopar na súa viaxe ata Santiago.
luns, 20 de febreiro de 2023
FAI VIRAL A ROSALÍA - COMPARTIMOS PROPOSTAS
Tras rematar o período para participar no concurso, agora toca visualizar e compartir, para facer viral a Rosalía.
Tamén nos toca felicitar aos participantes. Orixinais, creativos, coas mellores localizacións,...noraboa a todxs!
Entrade na canle de YouTube do EDLG DO CPI PONTECESURES ou nas seguintes ligazóns.
* Os videos deben ser vistos por completo para que contabilicen as visualizacións. Tal como se reflicte nas bases do concurso, hai ata o 27 de febreiro para seguir sumando visitas. Adiante!
O importante é expandir e fortalecer a nosa lingua!
E dar a coñecer á nosa Rosalía!
martes, 14 de febreiro de 2023
Visita de Susa Herrera
A pasada semana visitounos, na biblio do cole, a gran Susa Herrera. O alumnado de Ed. infantil, 1° e 2° pasámolo xenial cantando e bailando con ela os seus 'Cantos animais'.
Se alguén quedou con gañas de seguir cantando na casa. O seu libro pode mercarse en: cantosanimales.libroslar.com
.jpg)
sábado, 11 de febreiro de 2023
DÍA DA PAZ
O pasado 31 de xaneiro celebramos no centro a conmemoración do "Día da Paz", que nesta ocasión tivo como tema de traballo a paz interior, a resistencia á frustracción, a xestión das emocións e o mindfulness.
Durante este día, tiveron lugar diversas actividades e obradoiros, como "A viaxe de Eire, o año valente", co alumnado de 5 anos e 4º de Primaria, ou "Espertando ao guerreiro interno", para 1º da ESO. Ademais, tanto o alumnado de 2º da ESO como os de 6º de Primaria traballaron no "Obradoiro de voces africanas".
Finalmente, tivemos o acto de conmemoración, o cal podedes consultar no seguinte vídeo:
xoves, 2 de febreiro de 2023
FAI VIRAL A ROSALÍA
Febreiro, mes de entroido e... mes de Rosalía. Un curso máis, para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, ante o éxito do anterior, volvemos propoñer o reto de facer viral a Rosalía.
Unha vez máis, este reto conta coas mesmas condicións, coa novidade de que os vídeos se usarán, tamén, para "Sementando poesías no camiño".
Anímate a participar! Agardamos polos vosos vídeos.