Ao longo deste mes, o alumnado de Primaria puido desfrutar dunha sesión de contacontos na Biblioteca municipal, aquí deixamos o programa previsto e algunhas fotos das distintas sesións.
BIBLIOTECA DO CONCELLO PONTECESURES
LER CONTA MOITO
OBRADOIRO DE CREACONTOS – (Ramón Torrente)
CATEGORÍA: Obradoiros creativos
Un obradoiro creativo no que descubriremos as mil e unha variables que ten un mesmo conto. Xogar, recortar, pegar, debuxar, escribir, escoitar, compartir, falar, descubrir, colorear, construír… serán actividades a desempeñar para sacarlle todo o partido aos contos contados e entendidos de maneira tradicional.
DÍA: 8 OUTUBRO 2020
CURSO: 3º EP
HORARIO: 12:00 h – 13:00 h aprox.
EXPERIMENTOS CIENTÍFICO –
ARTÍSTICOS (Fátima Rodríguez)
CATEGORÍA: Divulgación do coñecemento
Conxunto de experimentos científicos onde os participantes poderán visualizar e facer a súa propia pila con 3 limóns, obter un perfume a través da extracción dos aceites esenciais de plantas aromáticas cun alambique e comprender o significado da tensión superficial dos líquidos a través da pintura, dos globos e da arte de crear e experimentar.
DÍA: 9 OUTUBRO 2020
CURSO: 5º EP
HORARIO: 12:00 h – 13:15 h aprox.
RESCATE NA BIBLIOTECA - ( Antía Yáñez)
CATEGORÍA: Dinamización con música, teatro e danza
Xogo de pistas no que os rapaces e rapazas aprenderán como funciona a súa biblioteca: onde atopar os diferentes xéneros, que facer se non se sabe onde está un libro, para que serve unha bibliotecaria ou bibliotecario... Porque as bibliotecas están sempre aí, pero... coñecémolas realmente?
DÍA: 13 OUTUBRO 2020
CURSO: 4º EP
HORARIO: 12:00 h – 13:00 h aprox.
CONTABA A MIÑA AVOA QUE... ( Fátima Fernández)
CATEGORÍA: Igualdade e violencia de xénero
Contos da nosa tradición oral nas que as mulleres somos as protagonistas, relatos cotiáns que foron o xerme da nosa cultura. Historias contadas por avoas para nenas e nenos, nos que se demostra como debemos superar as desigualdades.
DÍA: 16 OUTUBRO 2020
CURSO: 6º A e 6º B
HORARIO: 12:00 h – 13:00 h aprox.
CONTACONTOS DADA O DUENDE
– (Patricia Martínez)
CATEGORÍA: Narración oral
O Duende Dada, deleitaranos cun repertorio de contos marabillosos nos que se traballarán diferentes valores como convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector entre os máis pequenos a través destes contos máxicos.
DÍA: 22 OUTUBRO 2020
CURSO: 2º EP
HORARIO: 12:00 h – 13:00 h aprox.
PITUSIÑA ( Lisístrata)
CATEGORÍA: Narración oral
Pitusiña é unha
nena arrichada que sinte o galego, pensa, fala e xoga en galego. "Fala
ben, así non se di…" está farta de que sempre lle digan cousas que non
entende e decide facer unha viaxe no tempo pola nosa historia onde descubrirá
personaxes moi interesantes que lle farán comprender o porqué de moitas cousas.
Unha viaxe á que vos convida, queredes acompañala?
DÍA: 23 OUTUBRO 2020
CURSO: 1º EP
HORARIO: 12:00 h – 13:00 h aprox.
Ningún comentario:
Publicar un comentario