Neste ano tan complicado, tamén as nosas Letras se viron afectadas, a RAG atrasou a celebración do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro.
Da igual que sexa 17 de maio que 31 de outubro, en Galicia, todos os días deberían ser o día da nosa LINGUA, das nosas LETRAS.
Na seguinte ligazón podedes ver unha morea de recursos sobre Carballo Calero: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas.
Desde o noso centro queremos compartir un fermoso videopoema, cargado de tradición, añoranzas, lembranzas e moito amor polo noso, polos costumes e pola lingua. A nosa benquerida BANDA DA LOBA, amosa este video xusto neste día, DÍA DAS LETRAS.
https://www.youtube.com/watch?v=NR-SUNtyFvQ
'Adondar a lingua' é un dos temas recollidos no segundo traballo d'A banda da Loba, Fábrica de luz. É unha homenaxe á lingua como nai, unha reflexión sobre o importante que é o noso papel como falantes no coidado do idioma.
A letra da canción está baseada no videopoema de Celia Parra 'Adondar a lingua', gañador de varios recoñecementos a nivel internacional. Nel a autora fai un paralelismo entre a elaboración do pan ou dos tecidos e a aprendizaxe e a transmisión da lingua. Así, achéganos a idea de como esa herdanza recibida pode levedar en nós para alimentarnos ou abrigarnos para protexernos do frío (aludindo aos malos tempos que vive a nosa lingua).
O tema d'A banda da Loba foi gravado cun cuarteto de corda e agora chéganos novamente transformado en videoclip de man da propia Celia Parra.
Desfrutade desta explosión de sensacións e adondade a lingua!!
A BANDA TAMÉN MUSICOU A CARBALLO CALERO, podedes escoitar a cantiga do poema "o sonho da Catarina" na seguinte ligazón ou na páxina do concurso
https://carvalho2020.gal/musicando2020/
Ningún comentario:
Publicar un comentario