O pasado venres, 22 de setembro, o alumnado de Primaria e Secundaria recibimos a visita do Cinemóbil nº3, unha recreación do Cinemóbil nº2 co que José Gil percorreu nos anos 20 do Século XX boa parte de Galicia para proxectar nel as películas de estrea.
Puidemos ver, no ximnasio, esas mesmas películas que proxectou hai xa 100 anos no Cinemóbil nº2 na nosa vila.
Entroutras curiosidades que nos contaron, está a de que José Gil rodou en 1926 imaxes da Feria do Automóbil que se celebraba en Pontecesures. Por desgraza, estas filmacións perdéronse.
Se queres ampliar información sobre a vida e a obra deste pioneiro da elaboración e da difusión do cinema en Galicia podedes visitar a seguinte web ou enlazar mediante o código QR que encontraredes máis abaixo: https://josegilcinema.gal/
Aquí tés algunhas imaxes sobre a actividade realizada co alumnado de E.S.O.
Ningún comentario:
Publicar un comentario