O pasado martes 17 os nenos e as nenas de 3º de E.P. tivemos unha saída á Biblioteca do Concello, onde nos esperaba Andrea Jamardo Seijo, da Editorial Cuarto de Inverno (e antiga alumna do noso Centro), que nos explicou todo o proceso de maquetado dos libros, ademais dunha pequena historia do transcurso da imprenta, rematando cun taller moi creativo dun pequeno libro, traballando a arte da imaxinación en cada unha de nós: "Para debuxar, debes pechar os ollos e cantar"
Agradecémoslle moito a Andrea todo o cariño recibido, porque, ademais, nos divertimos moito, moito, moito.
Na seguinte ligazón estamos todos e todas aprendendo sobre os libros con Andrea e as nosas profes Cris e Marta:
https://drive.google.com/file/d/1F9bnOfmY8eD0qOz2QS-cqef_TJyp9L_M/view?usp=sharing
Ningún comentario:
Publicar un comentario