xoves, 8 de febreiro de 2024

Entroido en Pontecesures

 

Xa hai uns días os medios de comunicación nos informaron de que está en marcha o Entroido; nada que non soubésemos...
A través DESTA LIGAZÓN podes acceder á noticia do Diario de Arousa.
Na web do Concello (SEGUIR LIGAZÓN) tes as bases do Festival de Entroido, previsto para o domingo 11 de febreiro.
Se prefires consultar as bases directamente, pódelo facer AQUÍ.
Quen vai gañar? Iso ninguén o sabe. O que si podemos é darvos algunha suxestión... Por que non ir de Trasno Paroleiro?

Ningún comentario:

Publicar un comentario