A Fundación Antonio Fraguas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüísitca, convocou o XIII Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas.
O seu obxectivo é fomentar o coñecemento do patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da contorna dos centros educativos.
Poderá concorrer calquera centro educativo de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou educación especial nas modalidades de primaria ou secundaria.
O prazo de presentación de propostas remata o 1 de xuño.
Podes consultar toda a información no Portal da Lingua Galega a través desta ligazón ou, se prefires, acceder ao PDF coas bases completas.
luns, 6 de maio de 2024
XIII PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario