xoves, 2 de maio de 2024

EXPOSICIÓN POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS (SECUNDARIA)

Xa está colocada no corredor da segunda planta do edificio de Primaria e Secundaria a exposición cos cartaces sobre Luísa Villlalta.
Como podes deducir da imaxe, está situada no medio do corredor, na contorna do taboleiro do EDLG.
A exposición componse de dez cartaces, identificados polo seu número de orde; os dous primeiros están na parede oposta ao taboleiro.
As fotografías que seguen non son de grande calidade, malia serviren para facerse unha idea do contido, así que achégate á exposición e olla os cartaces en persoa!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario