martes, 22 de xuño de 2021

22 DE XUÑO- FIN DE CURSO

 Fin de curso, o director adicoulle unhas verbas de agradecemento ao bo facer do alumnado, durante este curso tan singular, e desexoulle un feliz verán.

Despois, cantaron unha canción os de 5 anos de Infantil, que despide etapa, en setembro pasan para Primaria.


Tamén cantaron en francés o alumnado de 4º e de 6º.

FELIZ VERÁN A TODXS!  

VISITA DA PROFE BERENA

 Este luns recibimos unha marabillosa visita da profe Berena, moitas preguntas, emocións, propostas de nomes para o bebé que agarda,...

GUAPÍSIMA BERE! OS MONSTROS MELOSOS BOTAMOSTE MOITO DE MENOS!


luns, 21 de xuño de 2021

TEATRO EN TEMPOS DE PANDEMIA

 Chegamos a finais deste curso, có mesmo protocolo que a comezos, polo que, houbo que adaptar as actividades de lecer do alumnado. Por exemplo, o teatro. Aínda que non podemos chegar en directo a todxs coa representación, si se puido facer para algunhas aulas e agora compartimos a súa gravación para que o poidades gozar en familia.

Podemos confirmar que todo o alumnado desfrutou coas pezas tanto o público coma os actores e actrices. Aquí hai madeira de artistas, o pánico escénico que algúns decían que sufrían foi superado. Adiante campións, vós sí valedes!

Aqui deixamos o do grupo de Valores de 2º e unhas fotos das actuacións.






Aquí está a representación da adaptación do conto " A mellor sopa do mundo" do alumnado de 6º e unhas imaxes das actuacións.





Moi ben rapazada, agardamos que na nova etapa que comezaredes en setembro, tamén vos permita seguir realizando propostas coma esta, estaremos encantados de vervos actuar de novo.

luns, 7 de xuño de 2021

CANTAMOS COAS MANS

 O CPI de Pontecesures ven de participar no Concurso "Cantamos con las manos" da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Despois de ensaios e moito
esforzo conseguimos que
 Xela Arias tamén trasmitira o seu sentimento non so coa música de A Banda da Loba, senon coas mans do noso alumnado.

Agora precisan da vosa axuda para escalar postos neste concurso. Picando na imaxe accederás á páxina da FAXPG e poderás votar* o vídeo que che deixamos a continuación para que poidas disfrutalo. 





mércores, 2 de xuño de 2021

CLUB DE LECTURA. ENCONTRO CON DAVID POBRA

 

O autor desta obra é profesor de Lingua Galega e Lingua Castelá no centro este curso.

“Liña azul” é unha obra metaliteraria provocadora, que interroga, que propón incorporarnos ao mundo da escritura, percorrer as estacións da liña azul a velocidade de vertixe.

 Unha novela con moito humor, con un detective torpe, que non sabe moi ben cal é o seu obxectivo e que se atopa desorientado no metro de Barcelona.

Ver máis no blog da biblio

http://bibliocesures.blogspot.com/2021/05/encontro-con-david-pobra.html

Desde o equipo animamosvos a que leades esta obra, e que esteades pendentes das novas que atinxen á literatura que se está cociñando nas editoriais, porque David ameaza con seguir publicando, en breve. O seu maxín non para!




Día do Libro

 Esta data ( 23 de abril) conmemorouse  no noso centro, con distintas actuacións, nos diferentes niveis educativos.

Desde o equipo de Biblioteca propuxéronlle ao alumnado e ás familias que se fixeran fotos cun libro e caracterizados dunha personaxe del.

Podedes ollar as distintas propostas e  os premiados no blog da nosa biblioteca

https://bibliocesures.blogspot.com/2021/04/conmotivo-da-celebracion-do-dia-do.html

Os de 4º da ESO, na área de Plástica, realizaron un obradoiro de creación de libros antigos.




luns, 31 de maio de 2021

MAIO MES DAS NOSAS LETRAS: XELA ARIAS NA NOSA ESCOLA


 

"AGORA SEI QUE NON POSEO MÁIS SILENCIO CA MIN MESMA"

" A TEMERIDADE SÁLVAME DE SENTI-LA COVARDÍA"

" NÓS DECIDIMOS QUE FACEMOS COAS NOSAS VIDAS AÍNDA QUE MOITAS VECES PENSEMOS QUE NON"

Expresións da escritora que se homenaxea este ano no Día das Letras Galegas. Ao longo deste mes de maio no noso centro desenvolvéronse distintas tarefas nas que se salientaba a vida, feitos e obras de Xela Arias.

Na área de Plástica, alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria confecionaron un fermoso mural coa imaxe de Xela, con distintas técnicas de pintura.




O día 27 asistiu ao centro o  monologuista e humorista Pedro Brandariz co seu espectáculo  " Senlleiras. As mulleres das Letras". O alumnado de Primaria, puido gozar dunhas sesións expositivas en clave de humor, sobre vida e obra das cinco mulleres ás que lle adicaron ata o día de hoxe As Letras. Un número notablemente inferior aos homes ( uns 60)

ROSALÍA DE CASTRO

FRANCISCA HERRERA

MARÍA MARIÑO

MARÍA VICTORIA MORENO

XELA ARIAS

Pedro, no rol do detective Castelao, reproduciu as escenas e os feitos que fan que o galego esté en perigo e acadou a nosa complicidade para mellorar a situación da lingua galega e das mulleres, en xeral. Facéndonos ver que estas cinco mulleres e outras moitas, coas súas obras salvaron o galego e AGORA TÓCANOS A NÓS.