O Concello de Ames convoca a sétima edición de
GaleTikTokers, un certame que busca impulsar a creatividade da mocidade e
aumentar a presenza da lingua galega en TikTok e Instagram.
A participación está aberta a persoas desde os 13 anos con vídeos propios en
lingua galega de entre 15 e 60 segundos.
Podes enviar o teu vídeo en galego ata o 30 de outubro,
xunto coa ficha de participación, que podes DESCARGAR NESTA LIGAZÓN, ao enderezo electrónico galetiktokers26@gmail.com.
Haberá seis premios, de 300 euros cada un, que se repartirán nunha gala que
terá lugar o sábado 21 novembro de 2026.
Premendo NESTA LIGAZÓN podes consultar o folleto informativo do VII Certame GaleTikTokers.
Tamén podes CONSULTAR AQUÍ a nova na web do Concello de Ames.
A iniciativa complétase con xornadas formativas nos centros
de ensino para achegar a creación dixital en lingua galega ao alumnado.
xoves, 8 de outubro de 2026
Para ben ou para mal, GaleTikTokers.7
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario