mércores, 28 de outubro de 2026

Galego para principiantes

Queres aprender galego e coñecer mellor a nosa cultura?
Anímate a dar os teus primeiros pasos na lingua galega!
O Curso de Introdución á Lingua e á Cultura Galegas é unha oportunidade para achegarte ao noso idioma desde cero, gañar confianza á hora de utilizalo e descubrir a riqueza cultural de Galicia.
Está dirixido principalmente a persoas que non falan galego e queiran iniciarse nel ou mellorar as súas competencias lingüísticas, así como a todas aquelas persoas interesadas en coñecer mellor a cultura do noso país.

Que aprenderás?
Ao longo das cinco unidades didácticas, traballarás contidos prácticos e descubrirás diferentes aspectos da nosa lingua e cultura:
+ Fonética: coñecerás os sons do galego e mellorarás a túa pronuncia.
+ Gramática: aprenderás estruturas básicas para comunicarte en situacións cotiás.
+ Léxico útil: adquirirás vocabulario práctico para o día a día.
+ Cultura galega: achegaraste á historia da nosa lingua e á riqueza cultural de Galicia.

Se queres máis información do curso podes:
+ escribir a emprego@pontecesures.org
+ chamar aos teléfonos 986 564 403 ou 986 557 125.

A duración do curso é de 20 horas presenciais, está destinado a persoas maiores de 16 anos e é totalmente gratuíto.
Non  importa se nunca estudaches galego: este curso está pensado para que poidas comezar desde o principio e avanzar ao teu ritmo.
Atrévete a descubrir a lingua galega, a conectar coa nosa cultura e a sentirte máis preto de Galicia!

Ningún comentario:

Publicar un comentario