venres, 16 de outubro de 2026

Orador(a) Oteriano(a)

 

A Fundación Otero Pedrayo e a Asociación de Amigos de Ramón Otero Pedrayo convocan o Premio de Oratoria «Orador do Ano Oteriano 2026 Ramón Otero Pedrayo».
O certame, enmarcado nas actividades do Ano Oteriano, premiará pezas gravadas en lingua galega e centradas no pensamento, na obra, na figura ou no legado cultural do autor.
En relación aos premios falan de 6.000 euros, non che digo máis.
Iso si, o prazo de presentación dos traballos finaliza o 15 de novembro.
Na WEB DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA cóntannos algo máis.
Se o que queres é consultar as bases, pódelo facer desde aquí mesmo NESTA LIGAZÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario