mércores, 21 de outubro de 2026

Youtubeiras, atacade!!!

Máis un ano, chegan as youtubeiras, e xa van dez!
Xa que logo, os Premios Youtubeiras+ celebran a súa décima edición.
Fanno cun novo galardón honorífico destinado a recoñecer traxectorias destacadas na creación dixital en lingua galega.
O certame manterá sete categorías cunha dotación total en premios de 7500 euros, e terá aberto o prazo de inscrición ata o 15 de novembro.
Ademais, ofrecerá tres obradoiros gratuítos en liña para reforzar as competencias técnicas, creativas e lingüísticas das persoas creadoras de contidos.
Queres saber máis ou inscribirte?
Pois segue ESTA LIGAZÓN ou preme na imaxe do inicio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario