Non falamos dun comando terrorista, non!
Falamos de 'As células animais e vexetais', unha exposición que xa podes visitar na biblioteca do noso centro.
Como podes ver nas imaxes, trátase dunha exposición de maquetas de... a ver como cho digo... células animais e vexetais.
Na realidade son un pouco máis pequenas, pero se se trata de entender algo mellor amplialas, non?
Así que non é so gozar das cores e das formas, tamén podes aprender alguna que outra cousa se te pasas pola biblioteca...

Esta exposición foi elaborada, por certo, polo alumnado de 5º de E.P. do noso Centro.
E, como sempre che dicimos, paga a pena vela en persoa, que as fotos ás veces non saen tan ben como quereriamos...

Ningún comentario:
Publicar un comentario