En “Todas somos árbores”, co alumnado de 1º e 2º, Zapatiños de Cartón (o avó do Carballo con Botas) achegouse á biblioteca cunha carta dos bosques.
Nela, as árbores queren dicir aos nenos que aprendan a coidar a terra escoitando os libros, xa que os libros permítennos saber como coidar os teixos, os freixos, as bidueiras...
Non temos que esquecer que, tempo atrás, os libros tamén foron árbores.
O alumnado de 3º e 4º, pola súa parte, participou en “As tecedeiras de esperanza”.
Como se vai poder tecer esperanza?
Pois tecendo unha árbore para atrapar contos solidarios.
O alumnado aprendeu a coser tenrura, esperanza, igualdade e futuro.
Como culminación plantou "A sobreira tecedeira", unha árbore en contra da violencia de xénero.

Como dicía o outro, unha mañá ben aproveitada.
Ámbalas dúas actividades, que xa non o diciamos, forman parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Ámbalas dúas actividades, que xa non o diciamos, forman parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario