luns, 26 de outubro de 2026

Agora que temos radio...

... non temos desculpa para non estar atent@s a convocatorias como esta...
Como cal???
Como esta: a Deputación da Coruña convoca a primeira edición do Premio Pódcast Transmitindo en Galego, destinado a impulsar a creación sonora en lingua galega.
Poderiamos pensar que ao tratarse dunha Deputación Provincial @s de fóra da provincia non poderiamos presentarnos, pero non, si podemos.
Podemos sempre que non teñamos "a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal, de conformidade co disposto no artigo 13.f) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións". Imaxino que non.
Contémplanse catro categorías:
A) O teatro do aire: Obras orixinais de ficción sonora ou que estean baseadas en obras xa existentes ou adaptadas e que usen voces, efectos sonoros, músicas, ambientes, sons, etc.
B) A palabra fiada: Entrevistas, conversas, debates ou diálogos que sexan a base conversacional do contido do pódcast, entre dúas ou máis persoas, sobre calquera temática.
C) A pescuda sonora: Pódcasts divulgativos e creativos que pescuden un asunto concreto, unha persoa, problemática ou acontecemento social.
D) A voz da nosa lingua: Pódcasts que contribúan ao estudo, divulgación, promoción e uso da lingua galega.
Como é lóxico, os galardóns buscan dar visibilidade á lingua galega neste eido e favorecer producións de calidade, diversas e innovadoras.
O prazo de presentación das candidaturas "finalizará ás 14:00 horas do día 18 de decembro de 2026".
Se estás interesad@, CONSULTA AQUÍ AS BASES COMPLETAS DA CONVOCATORIA ou fai clic na imaxe do inicio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario