Se lembras hai xa case un ano che contamos que 2026 é o ano Oteriano (e aínda que pareza un circunloquio de Mariano non o é).
Conmemoramos este ano a figura de Ramón Otero Pedrayo, que non era de Carballo, senón... doutro lugar.
De onde era?
Pois se queres saber de onde era e mil cousas máis traémosche o recurso perfecto: un traballo en formato genially sobre Otero Pedrayo, a súa vida e a súa obra.
Este excelente material didáctico foi elaborado polos colexios CEIP María Pita, CEIP Cidade Vella, CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Ramón Otero Pedrayo, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP de Prácticas, CEIP Fogar, CEIP Juana de Vega, CEIP Vicente Otero Valcárcel, CEIPP Sofía Casanova (todos dA Coruña) e CPR San Pío X (de Ourense).
O traballo inclúe, entre outros contidos, un cartel, un díptico e unha ampla variedade de actividades interactivas moi útiles para conmemorar o 50º aniversario do falecemento de don Ramón e dar a coñecer o ilustre escritor ourensán entre o alumnado de infantil e primaria.
Como podes acceder a el?
Pois preme NESTA LIGAZÓN.
Ou se prefires dalle un golpe no misto, que non lle convén fumar a estas alturas...
xoves, 15 de outubro de 2026
Pedrayo, genially!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario