Xa se sabe que non hai quinto malo, como din en España.
Por iso, un ano máis, para celebrar o Samaín, o EDLG convoca hoxe, día 5, a quinta edición do
concurso "Está de medo!!!"
Como de costume, no noso certame de portadas de relatos e libros de terror en lingua galega pode participar o alumnado do noso Centro, nas condicións
que indican as bases das imaxes que tes a seguir.
Como podes ler nelas, haberá premios para as propostas preferidas do xurado,
pero o maior premio é gozar co debuxo e co medo que pases...
Anímate a participar, que (como xa advertimos o ano pasado) non sabes o molesto
que é o trasno cando se pon de morros...
Se queres ver algúns exemplos de portadas de libros podes seguir ESTA LIGAZÓN á bitácora Plásticos e Cesureños.
luns, 5 de outubro de 2026
Está de medo... V!!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)




Ningún comentario:
Publicar un comentario