mércores, 20 de setembro de 2023

Cinema galego e cinema en galego

 Ola, rapazada!

Comeza un novo ano. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos darvos a nosa benvida e desexarvos o mellor para os próximos meses.


E para facilitarvos a tarefa, poñemos ao voso dispor unha ligazón para ver cinema galego e para ver cinema en galego, que non sempre é o mesmo. 

Trátase dunha web externa a nós (que logo enlaza con outras webs de streaming ou de descargas), polo que non podemos garantir a calidade dos arquivos nin a súa seguridade:

https://engalecine6.webnode.es/

xoves, 14 de setembro de 2023

PÍLULAS DE LINGUA GALEGA: ERROS HABITUAIS

Nunca está de máis recordar cales son os fundamentos da nosa lingua.
Por iso, de cando en vez deixámosvos algúns recursos relativos a eles; hoxe:

- FORMAS INCORRECTAS MÁIS FRECUENTES

mércores, 13 de setembro de 2023

REPARTO DAS AXENDAS

 

Moi boas, rapazada!
Como pasou o verán?
Agora comeza o novo ano académico e será bo que non esquezades ningunha das tarefas que teredes que realizar nos vindeiros meses.
E para conseguilo, que mellor que unha axenda?
Con este obxectivo, acabamos de efectuar o reparto das axendas escolares entre o alumnado de Primaria.
Na foto vemos tres compañeiros de 6º, que o ano que vén xa estarán na E.S.O., posando contentos coas súas.
Na parte posterior da axenda podedes ver algunhas das caricaturas de Francisco Fernández del Riego (e un inspirado mapa de Galicia) que realizastes co gallo do Día das Letras Galegas, así como datos de interese para as vosas familias.
Facede bo uso da axenda!!!
Que teñades bo curso!!!



mércores, 21 de xuño de 2023

Fin de curso - Maxia no centro

Para despedir este curso 22/23, contamos no centro coa presenza de Martín Camiña, que cos seu espectáculo de maxia a verdade é que nos deixou a tod@s abraiad@s!




Tamén aproveitamos para desexarvos un feliz verán, que o desfrutedes moitos e carguedes ben as baterías para a volta en setembro!





martes, 13 de xuño de 2023

Vexo Veo Xacobeo - Rutas no centro

 Seguimos traballando no centro con todo o aprendido a través do Vexo Veo Xacobeo. Neste caso, fixemos 4 rutas, que nos levan á nosa aula, ao pavillón, á biblioteca e á aula de música. Todas as rutas aparecen explicadas nun documento, que puxemos na entrada que usamos nos todas as mañáns, que aparecen tamén sinaladas con diferentes cunchas ao longo de cada traxecto, e que nos serven como indicacións.









luns, 12 de xuño de 2023

Vexo, Veo Xacobeo - Onde levan as frechas amarelas?

Desta vez sinalamos dependencias do centro cos nomes en diferentes idiomas, xunto coas frechas indicadoras do camiño.






xoves, 1 de xuño de 2023

Vexo, Veo Xacobeo - As cunchas

Para profundizar no traballo do Vexo, Veo Xacobeo, os nenos e nenas de 2º de Primaria trouxeron diversas cunchas. Despois de clasificalas, tras recoller a información que buscaron na rede, fixeron os carteis cos seus nomes e explicáronlle o seu traballo aos demais compañeiros e compañeiras.