martes, 7 de novembro de 2023

Tempo de castañas, tempo de outono

Aínda que este ano as castañas non viñeron boas, non deixamos pasar a oportunidade de celebrar a chegada do tempo do magosto e fixemos dous murais no edificio de E.P. e E.S.O., un na planta baixa e outro no segundo andar, para conmemoralo.

No mural da planta baixa, non esquezades ler as Adiviñas ou Refráns do libriño...



Aínda estades a tempo de engadir máis traballos se queredes!!!



xoves, 2 de novembro de 2023

Ler conta moito: Creando Arte con Refugallo

 

O pasado mércores, 25 de outubro, o grupo de 5º de E.P. achegouse á Biblioteca para participar na actividade Creando Arte con Refugallo, incluída dentro do programa Ler conta moito. 
Non ser pode negar canto se divertiron elaborando figuras con papel e cola.
Velaquí tedes un testemuño gráfico.


martes, 31 de outubro de 2023

Entrega de premios ao/as gañador/as da 2ª edición de "Está de Medo!!"

Hoxe realizamos a entrega dos premios ao gañador e ás gañadoras na 2ª edición do concurso de portadas de libros e relatos de terror "Está de Medo!!"
Como xa indicamos, foi moi difícil escoller @s premiad@s, xa que entre @s moit@s participantes había traballos de grande calidade.
Aquí temos o gañador e as gañadoras posando para a foto co seu premio e un diploma acreditativo:


Á parte destes premios concedidos a cada traballo individual, cada aula de Infantil e a de 1º de E.P. recibirá un agasallo polo traballo conxunto que desenvolveron.
Parabéns ao gañador e ás gañadoras e a todo o alumnado participante, que foi moito e presentando traballos de moita calidade!!!

luns, 30 de outubro de 2023

... e o/as gañador/as son... !!!

 



Xabi (2º E.P.), na categoría de 1º e 2º de E.P.

Mariña (3º E.P.), na categoría de 3º e 4º de E.P.

Matilda (5º E.P.), na categoría de 5º e 6º de E.P.

Martina (1º E.S.O.), na categoría de 1º e 2º de E.S.O.

Geraldine (4º E.S.O.), na categoría de 3º e 4º de E.S.O.

xoves, 26 de outubro de 2023

Premios da 2ª edición do concurso de portadas Está de Medo!!!

O Xurado, composto polas profesoras e o coordinador do EDLG, xa escolleu entre os traballos presentados os premiados na 2ª edición do concurso "Está de Medo!!!"

En todas as categorías resultou moi complicado escoller o traballo gañador, así que non só as alumnas e o alumno que elaboraron os traballos elexidos deben sentirse recoñecidos polo seu traballo, senón moitos e moitas máis.

En moi pouco tempo publicaremos a relación dos traballos premiados.

Xa podedes ver expostos nos corredores algúns dos traballos presentados. Entre eles están os gañadores; cales serán? 























mércores, 25 de outubro de 2023

Convocado o Premio Youtubeiras 2023

 


Se es maior de 14 anos e tés unha canle de YouTube podes participar.
Na seguinte ligazón podes consultar toda a información de interese:

https://youtubeiras.gal/Bases/

Youtubeiras é unha iniciativa de dinamización lingüística organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Carballo, Ames, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.