AQUÍ ESTÁ A PRODUCIÓN FEITA COAS ACHEGAS DO ALUMNADO E PROFESORADO DO NOSO CENTRO, LOGO DA PROPOSTA DO NOSO EQUIPO PARA CELEBRAR ESTE GRAN DÍA, PARA AS NOSAS LETRAS.
É marabilloso ver a xente nova sementando verbas galegas, porque recollerán o florecemento dunha lingua, que non queremos que murche.
Por iso temos que coidala e mimala, pasándoa:
de lingua a lingua,
de orella a orella,
para que ano a ano a semente mellore e siga medrando, ata que cada vez sexamos máis, os que a usemos, os que a coidemos, a regemos e a recollamos.
Unha semente que debe quedar aí moitos anos, lustros, séculos.
Mentres teñamos terra, temos que ter LINGUA.
AGRADECEMOS A TODXS OS QUE MANDASTES AS VOSAS FOTOS E AO GRUPO MUSICAL A GRAMOLA GOMINOLA POR AUTORIZARNOS A USAR A SÚA MÚSICA.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.
AS LETRAS GALEGAS TAMÉN SON MÚSICA, MOITA MÚSICA EN GALEGO.
QUERO COMPARTIR A CANCIÓN QUE VOS ENSINOU ANDREA, A MESTRA DE MÚSICA.
"NA LINGUA QUE EU FALO". CANTA: NAJLA SHAMI.
POEMA DO LIBRO DE CANTARES GALLEGOS DE ROSALÍA DE CASTRO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario