Neste enlace podemos ver un video no que falan patifas da nosa vila sobre as súas vidas:
ENTRE PATIFAS https://vimeo.com/4489604
Un filme documental de Pachi Baranda (2007).
Trátase dun achegamento ás andainas destas mulleres que cargaron coas “panelas” na cabeza, como elas denominan aos cestos que empregaban para gañarse a vida cando os tempos non eran doados. Cada unha delas tiña un alcume e un cesto cheo de ilusións e gañas de tirar para adiante.
Elas fálannos dos malos momentos, das penas e tamén das alegrías. Nós só escoitamos. Para saber un pouco desa memoria abonda con escoitar a quen ten moito que contar.
Curtametraxe gravada en Pontecesures (Pontevedra) no nadal de 2006.
Ningún comentario:
Publicar un comentario