Conforme nos comunica a ANPA do Centro, a Xunta de Galicia vén de por en marcha a terceira
edición de Primavera Xove, un programa de educación non formal con actividades
formativas e de lecer para a mocidade galega (de 14 a 30 anos), así
como un recurso de coidado para as familias galegas durante a Semana Santa e
diversas fins de semana nos meses de marzo e abril en instalacións da Xunta de
Galicia.
Ofértanse 580 prazas en 29 quendas nos 6 programas que conforman a actividade,
cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións.
A cota de participación é de 25 euros para as actividades de fin de semana e de
75 euros para as quendas de Semana Santa. Porén, no caso de ser membro de
familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove (sempre e
cando a tarxeta estea debidamente activada), aplicarase un desconto do 25% sobre
o prezo anteriormente indicado. As persoas participantes aboarán, nestes casos,
18'75 euros ou 56'25 euros, respectivamente.
A inscrición faise unicamente en liña, mediante os formularios dispoñibles na
páxina web de Xuventude (se fas click AQUÍ aceederás ao correspondente ás
persoas entre 14 e 17 anos).
O prazo de inscrición está aberto desde o día 22 de febreiro.
Se queres consultar toda a información do programa podes facelo a través DESTA LIGAZÓN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario