Onte, xoves 29 de febreiro, o alumnado de
6º de E.P. achegouse ao CPI de Catoira para practicar varios deportes
colectivos xunto ao alumnado local, como parte do programa XOGADE da
Consellería de Deportes da Xunta de Galicia, que ten como finalidade principal a
organización de actividades físico-deportivas entre distintos centros.
O obxectivo
último do programa é a promoción da saúde, a convivencia, o esforzo e o
divertimento, con independencia do nivel e práctica de cada un dos rapaces ou
de cada unha das rapazas.
venres, 1 de marzo de 2024
Xogade en Catoira!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario