Na noite de mañá sábado farase entrega na Coruña dos Premios Mestre Mateo, na súa XXII edición, concedidos pola Academia Galega do Audiovisual.
As longametraxes 'O Corno' e 'Matria' e a serie 'Rapa' parten como favoritas, ao totalizar 42 candidaturas entre as tres, como nos contan NESTA NOTICIA da web da tvg.
A Televisión de Galicia, precisamente, retransimitirá en directo a entrega dos galardóns.
Os finalistas xa foron dados a coñecer a principios do mes pasado, como podemos comprobar NESTA NOTICIA de EXTRADIGITAL.
Se prefires acceder á web oficial dos premios para consultar todos os datos velaquí tés A LIGAZÓN.
Boa sorte a tod@s @s candidat@s!!!
Actualización (2 de abril de 2024)
Entre os seus sete premios queremos destacar o concedido a Melania Freire Vázquez, que gañou o Mestre Mateo á mellor dirección de arte e é filla de Carme Vázquez, noutro tempo directora do noso Centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario