Como xa comentamos en anteriores entradas desta bitácora, Francisco Asorey é o artista a quen se dedica en 2024 o Día das Artes Galegas, celebrado onte.
Para colaborar nesta celebración o EDLG do noso Centro convoca un concurso no que o alumnado (do noso Centro) que queira participar presentará o deseño para un marcapáxinas sobre Francisco Asorey ou a súa obra.
Ao tratarse dun marcapáxinas, o formato será 1:3; é decir: se ten 10 cm de ancho terá 30 cm de alto (en realidade, se cortas un folio pola metade "en vertical" xa che queda con 105mm de ancho e 297mm de alto, polo que se adapta bastante ben á proporción requerida).
O detalle das bases será publicado en datas próximas.
Para facilitarche o traballo, achegamos algunha información sobre o escultor cambadés:
- Recurso interactivo sobre Asorey e o Día das Artes Galegas
- Material en formato Calameo sobre Asorey e o Día das Artes Galegas
- Breve reseña biográfica do Museo de Belas Artes da Coruña
- Estudo sobre a súa vida e obra de Art-Nouveau Coruña
- Vídeo sobre a súa obra
- Obras de Asorey en Vigo.
- Fotos da súa obra (Asociación Cultural Francisco Asorey)
Como epílogo deixamos varias fotografías:
- unha imaxe de Asorey traballando no busto de Enrique Guerra
- unha imaxe de Asorey no seu estudo
- unha imaxe de Asorey asinando o seu monumento a Curros Enríquez na Coruña
- o retrato "Francisco Asorey", óleo sobre lenzo de 1957, obra de Felipe Criado (Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela).
- a escultura feita en bronce como homenaxe a Asorey en 2011 nos cincuenta anos do seu pasamento, obra de Lucas Míguez, no Paseo da Calzada de Cambados.
- dous detalles da escultura anterior.
martes, 2 de abril de 2024
Concurso de marcapáxinas sobre Francisco Asorey, escultor homenaxeado no Día das Artes Galegas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario