mércores, 3 de abril de 2024

Saída ao Museo de Historia Natural

O pasado xoves 21 de marzo -o último antes das vacacións- o alumnado de 1º, 2º e 3º de E.P. fixo unha visita ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, no barrio de Vista Alegre, nun día de sol de primavera como poucos.
As nenas e os nenos gozaron moitísimo da visita guiada, que lles permitiu coñecer novos conceptos de biodiversidade terrestre, geodiversidade e biodiversidade mariña, grazas a unhas representacións moi moi reais, que permitiron que o alumnado coñecese os lugares e sentise os seus sons como se estivese alí mesmo. 
Na presentación á que nos leva a seguinte ligazón podemos ver unha montaxe cos mellores momentos da mañá.
https://drive.google.com/file/d/1QHU3by5nFU_yFx9huW-sbS31MYSKOpvu/view?pli=1
Unha experiencia para repetir!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario