Entre os días 15 e 22 do mes pasado unha delegación do noso Centro (xunto co CPI Alfonso VII de Caldas de Reis) viaxou a Maringues, no rural francés preto de Lyon, para devolverlles a visita que os seus compañeiros e as súas compañeiros do Ensemble Scolaire Saint-Joseph à Maringues lles fixeran o curso pasado. Aquí temos a publicación do seu Facebook na que fan un breve resumo das actividades desenvolvidas.
Agora, ademais, temos o testemuño gráfico que nos fai ver que a convivencia pacífica entre españois e franceses é posible, por máis que a Historia se empeñe en soster o contrario...NESTE ÁLBUM DE FLICKR tés acceso a moitas máis imaxes da súa viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario