No día de hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro.
Porén, como ocorre co 8M, todos os días son (deben ser) o Día do Libro.
No entanto, e asociando esta data co Día das Artes Galegas, nós quixemos celebrar o Día do Libro buscándolle un amigo (como naquela publicidade antiga que decía "un libro, un amigo").
E que mellor amigo para un libro que un bo marcapáxinas?
Agora que rematou o prazo de entrega das propostas, xa temos unha chea de marcapáxinas que poden ser a gañadora.
Amosámosvos só unhas poucas: non son as finalistas (ou si); se cadra a gañadora non está entre elas... pero son unha pequena mostra da creatividade da nosa rapazada, que combina nun pequeno anaco de papel o amor aos libros e a lembranza a Francisco Asorey, se cadra o mellor escultor galego do século XX, a quen este ano se dedicou o Día das Artes Galegas.
martes, 23 de abril de 2024
O DÍA DO LIBRO EN PONTECESURES
En todo o centro celebrouse de distintas maneiras: o club de lectura de 6º de E.P. adicou o Día do Libro a ler unha serie de relatos curtos; nesta ocasión 'Estampado', escrito por Xabier P. DoCampo.
O club de lectura de 5º de E.P., porén, realizou o sorteo dun diccionario enciclopédico entre os membros do alumnado que forman parte del.
O alumnado de 2º de EP, pola súa parte, aproveitou a climatoloxía favorable para celebrar o Día do Libro saíndo ao patio a ler...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario