Na mañá de onte, martes 9 de abril, o alumnado de 3º e 4º de E.S.O. viaxou a Santiago de Compostela para asistir á representación de La casa de Bernarda Alba, escrita por Federico García Lorca, no Colexio La Salle.
Os rapaces e as rapazas, polo que contan, gostaron moito da obra e salientan que fosen só catro persoas as que actuaban.
Xa que logo, podemos decir que a compañía que representou o texto, Teatro de los Caminos (Transeduca), realizou ben o seu traballo.
Ficou tamén abraiada a rapazada co feito de que o reparto tivese tan pouco tempo para aprender o papel.
mércores, 10 de abril de 2024
LORQUIANA
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario