O alumnado de 1º e 3º de E.S.O. achegouse na mañá de hoxe a Santiago para cumprir unha misión dobre: visitar unha exposición na cidade vella e coñecer a Cidade da Cultura.
Na sé de Afundación na rúa do Vilar visitaron a exposición de Tim Flach 'Emocións en perigo', da cal temos información dabondo na web de Afundación, así como acceso a moitas das imaxes expostas. NESTE ÁLBUM DE FLICKR podes ver moitas imaxes da visita.
Nesta mesma actividade, o alumnado realizou unha dinámica de programación relativa ao comportamento dos predadores.
Na Cidade da Cultura o alumnado de 3º visitou a exposición 'Tesouros Reais', que achega a Compostela parte dos fondos do Terra Sancta Museum de Xerusalén.
A través desta ligazón podemos coñecer o seu contido. Se queres ver máis imaxes da visita podes facelo NESTE ÁLBUM DE FLICKR.
Namentres, o alumnado de 1º coñecía nas Torres Hejduk o bosque atlántico e o mediterráneo, así como a exposición 'Da semente á árbore', da que aquí podemos coñecer máis.
Como vemos, foi unha mañá moi ben aproveitada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario