martes, 3 de outubro de 2023

FESTIVAL CURTOCIRCUÍTO 2023

Desde hoxe ata o domingo celébrase en Santiago a vixésima edición do Festival Curtocircuíto.
Trátase dun festival internacional de cinema centrado nas curtametraxes.
Dentro do seu programa encontraredes actividades enfocadas para a rapazada e unha sección centrada en producións galegas, Planeta GZ: https://www.curtocircuito.org/sesiones/planeta-gz-1.
Se estades interesad@s no audiovisual tédelo a un paso, animádevos!!!
Nesta web tés acceso a todo o programa, venda de entradas e demais: https://www.curtocircuito.org/

Como se trata dun festival internacional, é posible que por defecto a páxina che apareza en español ou en inglés. 
Se queres que o navegador che mostre a páxina en galego, fai click en "GL", como se ve na imaxe superior.
O filme inaugural é un "novo vello" coñecido noso, O Corno, de Jaione Camborda, de quen xa vos falamos onte:

luns, 2 de outubro de 2023

O Corno, de Jaione Camborda, gaña a Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián.

A directora donostiarra e galega de adopción Jaione Camborda gañou este sábado a Cuncha de Ouro no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián co seu filme O Corno, rodado en galego, en Galicia e con grande parte do equipo, tanto técnico como artístico, tamén galego.
Hai que salientar que se trata do festival cinematográfico máis importante que se celebra en España e un dos dez máis importantes do mundo.
Péchase así unha semana de éxito para as Artes e as Letras Galegas.

Se queredes ampliar información, velaquí unha ligazón á noticia en Nós Diario: 

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/jaione-camborda-concha-oro-corno/20231001095230178870.html

venres, 29 de setembro de 2023

Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía

Boas novas para as Letras Galegas esta semana.
A poeta galega Yolanda Castaño foi escollida como gañadora do Premio Nacional de Poesía.
Trátase dun premio de ámbito estatal, que noutras categorías xa fora gañado por escritores e escritoras galegas, con obras en galego, como neste caso.


O Trasno Paroleiro quere transmitir os nosos parabéns a Yolanda.
Se queredes información máis detallada, podedes seguir esta ligazón de Galicia Confidencial: https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/241829-galega-yolanda-castano-premio-nacional-poesia-2023-pola-obra-materia

xoves, 28 de setembro de 2023

Escola de Música Moderna de Pontecesures

 Hoxe, xoves, 28 de setembro de 2023, o alumnado das distintas etapas recibimos a visita de dous profesores da Escola de Música Moderna de Pontecesures.

Faláronnos do funcionamento da Escola e animáronnos a que nos apuntásemos nalgunha das actividades que ofrecen.

Para terminar, Elías uníuselles para interpretar uns anacos dalgunhas pezas.

Aquí tedes unha ligazón á web do Concello con máis información: http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=1851


martes, 26 de setembro de 2023

Actividade sobre José Gil, pioneiro do cinema na provincia de Pontevedra


O pasado venres, 22 de setembro, o alumnado de Primaria e Secundaria recibimos a visita do Cinemóbil nº3, unha recreación do Cinemóbil nº2 co que José Gil percorreu nos anos 20 do Século XX boa parte de Galicia para proxectar nel as películas de estrea.

Puidemos ver, no ximnasio, esas mesmas películas que proxectou hai xa 100 anos no Cinemóbil nº2 na nosa vila. 

Entroutras curiosidades que nos contaron, está a de que José Gil rodou en 1926 imaxes da Feria do Automóbil que se celebraba en Pontecesures. Por desgraza, estas filmacións perdéronse.

Se queres ampliar información sobre a vida e a obra deste pioneiro da elaboración e da difusión do cinema en Galicia podedes visitar a seguinte web ou enlazar mediante o código QR que encontraredes máis abaixo: https://josegilcinema.gal/

Aquí tés algunhas imaxes sobre a actividade realizada co alumnado de E.S.O.