domingo, 31 de outubro de 2021
SAMAÍN 2021
mércores, 20 de outubro de 2021
DAVID REGUEIRO NO NOSO CENTRO
Este martes 19, o alumnado da ESO, puido deleitarse coas composicións musicais de DAVID REGUEIRO, que en compaña do seu amigo ISMAEL CABALEIRO, adiantáronlle ao alumnado algunhas das pezas que formarán parte do seu vindeiro traballo.
Durante a xornada matinal e tamén pola tarde, unhas melosas melodías con moito swing invadiron o corredor da planta baixa do noso centro e saíron polas fiestras abertas á rúa Avelino Pousa Antelo, chamando a atención dos viandantes que por alí pasaban.
David está considerado, no noso país, coma un dos máis relevantes guitarristas de gypsy jazz.
Cunha ducia de discos editados e centos de actuacións por distintos países do mundo, David caeu este curso no noso centro, para impartir as clases de música ao alumnado da ESO.
BENVIDO
A BANDA DA LOBA EN PONTECESURES
Que levante a man o que non estivera o venres día 8, na Prazuela, vendo a Banda da Loba, a ver, non vexo mans arriba, ... Xa sabía eu que non faltara ninguén.
Todo o alumnado do noso centro, familias dos mesmos e veciños e veciñas, asistiron este venres ao concerto da BANDA, que estiveron na marabillosa compaña das poetas, Helena Salgueiro, Nuria Vil, Estíbaliz Espinosa e Vanessa Glemsel, que homenaxeaban a Xela polas Letras Galegas 2021.
Este concerto poético estaba dentro do programa " Música x poesía x fotografía. POR XELA!" promovido pola Xunta e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A Prazuela estaba a rebentar , tiñamos moitas ganas de troula e moitas, moitííííííííííííííííísimas de ver A BANDA DA LOBA. 😻😻
LER CONTA MOITO
Ao longo deste mes de outubro, o alumnado do noso centro pudo gozar dunhas sesións de animación á lectura na Biblioteca Municipal.
Este foi o programa e algunhas imaxes que nos deixaron.
* Así representou o alumnado de 1º a súa sesión de contacontosBIBLIOTECA DO CONCELLO
PONTECESURES
LER CONTA MOITO
CÓNTAME UN CINE – Brais Moure Vila (
Cinecleta)
CATEGORÍA: Audiovisual na biblioteca
A Cinecleta chega a biblioteca. Sesión dinámica, a cargo de Brais Moure, na que se realiza un percorrido pola historia do cinema mesturado con contos cinematográficos.
Na que coñeceremos tamén os fondos mariños das illas Atlánticas, cunha proxección en directo desde a nosa Cinecleta.
CURSO: 2º EP
HORARIO: 12:00 h – 12:45 h aprox.
CONTOS DE CHUCHES AMIL - Francisco
Amil Serantes
CATEGORÍA: Actividades de dinamización con música, teatro e danza.
Canción de monstros, ilustrados con cancións de Chuches Amil, aportadas dos seus disco libros “ Un conto ao revés” e “ Monstros. Con ou sen consentimentos”, da colección Sonárbore da editorial Galaxia. Os relatos procuran que os cativos e cativas aprendan a mirar de diferentes xeitos os contos ao aportar diversos puntos de vista ( a ilustración oral por unha banda e a musical por outra).
DÍA: 5 OUTUBRO 2021
CURSO: 4º EP
HORARIO: 12:00 h – 12:45 h aprox.
PES DE LOBO
UN HOME LOBO NA BIBLIOTECA – ( Carballo con Botas)
CATEGORÍA: Narración oral
DÍA: 8 OUTUBRO 2021
CURSO: 1º EP
HORARIO: 12:00 h – 12:50 h aprox.
TERRORÍFICAS. HISTORIAS DE TERROR –
Andrea Barreira
CATEGORÍA: Obradoiros creativos
Terroríficas é un obradoiro que combina a lectura e a escritura de relatos de terror. A través dunha perspectiva de xénero, crítica e creativa, quen participe viaxará a través de distintas autoras (Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza, Cris Pavón, Uxía Casal entre outras) pola literatura de terror. Unha reflexión sobre este xénero literario que lles permitirá construír o seu propio relato.
DÍA: 15 OUTUBRO 2021
CURSO: 5º EP
HORARIO: 11:45h – 13:45 h aprox.
CONTAMOS EN IGUALDADE - Patricia
Martínez Rodríguez
CATEGORÍA: Igualdade e Violencia de Xénero
Esta contada pola igualdade pretende rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional. A través de fermosos contos trataremos de reflexionar sobre a nosa relación cos demais, construíndo entre todos e todas un mundo máis igualitario e pacífico.
DÍA: 19 OUTUBRO 2021
CURSO: 3º EP
HORARIO: 12:00 h – 13:00 h aprox.
OBRADOIRO DE PODCAST. APRENDE A
REDACTAR, LOCUTAR
E EDITAR UN PODCAST, CON TÉCNICAS DE TEATRO
E DOBRAXE - SOLOVOZ
CATEGORÍA: Obradoiros
creativos.
Aprende a crear un podcast. Aprende a redactar, locutar, gravar e editar un podcast. Con técnicas de locución, teatro e dobraxe.
Lectura interpretativa, modulación da voz, vocalización e locución.
DÍA: 22 OUTUBRO 2021
CURSO: 6º EP
HORARIO: 11:45 h – 13:55 h aprox.
xoves, 14 de outubro de 2021
venres, 25 de xuño de 2021
PEQUENO ECOSISTEMA
A última semana de clase chegaron uns invitados á aula de 2º. Un alumno trouxo unha garrafa que contiña auga do regueiro de San Xulián, pero nesta auga viña realmente un pequeno ecosistema acuático. Entre os elementos que o compoñían estaban:
- a lentella de río - LEMMA MINOR
- caracois de Nova Zelanda- POTAMOPYRGUS JENKINSI
- remeiros ou abellas de auga - NOTONECTA GLAUCA
- peixe espiñoso ou espiñento- GASTEROSTEUS ACULEATUS
Grazas ao profesor Jacobo puideron identificalos. Despois buscaron información en internet. Aprenderon moito sobre eles. E ata lle puxeron nome ao peixe PINCHITO.
Aquí quedan unhas imaxes para lembrar, xa que aos poucos días Pinchito e os remeiros, dixéronlles adeus. Aínda que lles ía pasar o mesmo no regueiro porque xa estaba secando. Todos os seres vivos necesitan estar no seu hábitat natural, porque os cambios poden acarrear consecuencias irreversibles.
Se queredes saber máis destes e doutros animais dos ríos galegos recomendamos que vos pasedes por aquí RÍOS GALEGOS
martes, 22 de xuño de 2021
CONTACONTOS- 22 DE XUÑO
" OS LIBROS DE TITIRITEIRA"
Os libros poden ser pequenos, medianos, grandes, super grandes, con pouca letra, moita, ningunha, con ilustracións ou sen elas, de cores, con títulos na portada,...pero o que teñen en común todos eles é que dentro gardan mundos, aventuras, lugares, personaxes,... que nos trasladan e nos fan vivir esas historias.Dentro destes 3 grandes libros, sen títulos, estaban agochadas tres grandes historias, unha fábula, un conto de estructura encadenada e unha de piratas. As letras, non estaban. As ilustracións, non estaban. Pero, as personaxes saían dos contos e cobraban vida grazas á contacontos Celtia. Estes tres grandes libros agasallaron aos pequechos do noso centro ( Infantil, 1º e 2º) coas súas fantásticas aventuras.




