Chegou por fin decembro e con el, ademais do inverno, abriuse a tempada de beléns.
O primeiro do que vos damos conta -pero non será o único- é o belén artesanal de Valga, que onte abriu as súas portas.
Até o 12 de xaneiro tes a posibilidade de visitalo, como nos contan NESTA NOTICIA de El Correo Gallego.
Podes velo calquera tarde de 17:30 a 20:30, aínda que os sábados e os domingos abre ás 17:00 e os domingos, ademais, pode visitarse de 12:00 a 14:00, totalmente de balde.
Como sabemos, trátase dun dos beléns máis visitados de Galicia e conta co humor e a crítica social como dúas das súas características máis salientables. Noutras palabras, unha especie de entroido adiantado.
Vai velo xa, porque pronto teremos o de Porto a pleno rendemento!!!
Se queres saber onde está ubicado ou como chegar ata el fai clic na seguinte imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario