mércores, 11 de decembro de 2024

Debuxos con dereitos

Co gallo da celebración do Día da Infancia, data na que se conmemora a Declaración Universal dos Dereitos do Neno en 1959 e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno en 1989 -como nos contan na web da ONU-, no noso Centro quixemos pór estes dereitos en imaxes.
Unha imaxe vale máis do que mil palabras?
Iso ninguén sabe, pero nunca está de máis.
Agora, moitos deses debuxos nos que o alumnado plasmou os seus dereitos decoran os corredores, compartindo protagonismo coas portas que xa se abren ao Nadal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario