A CRTVG acaba de abrir o prazo de presentación de candidaturas para o Concurso DígochoEu correspondente ao ano académico 2024/2025.
Os centros escolares poden presentar as súas propostas de
vídeos escolares antes do 22 de decembro.
As bases completas do concurso están dispoñibles na web da CRTVG NESTA LIGAZÓN.
O profesorado interesado en participar deberá presentar a candidatura enviando
un correo electrónico a digochoeu@crtvg.gal
Entre todas as propostas inscritas, farase a selección das 12 cuxo contido sexa
máis orixinal, creativo e innovador.
Posteriormente, serán gravadas durante 2025 en cada centro escolar coa
participación do alumnado e da presentadora do programa, Esther Estévez,
para seren emitidas nas canles da CRTVG.
Unha vez emitidos todos os episodios -en datas próximas ao Día das Letras
Galegas-, un xurado de profesionais do audiovisual alleo ao equipo do programa
avaliará todas as propostas e outorgará seis premios en dúas categorías
(Primaria e Secundaria) de 500, 300 e 200 euros.
Os criterios de valoración serán a calidade lingüística e expresividade dos
participantes e a orixinalidade e innovación do contido.
NESTA NOTICIA da web da CRTVG tes máis información sobre o concurso.
Se queres acceder directamente á web do concurso, fai clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe superior.
luns, 9 de decembro de 2024
Concurso 'Dígocho Eu', cuarta edición
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario