Xa estamos de volta!!!
As vacacións nunca son suficientes, é ben sabido.
Pero é o momento de regresar.
Para facervos máis doada a organización dos vosos traballos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega repartiu, como cada ano, as axendas escolares en galego.Na portada e contraportada podemos ver imaxes dalgunhas actividades desenvolvidas no noso centro no ano anterior.
Pero non só iso; tamén tedes un convite para seguirdes a Canle en WhatsApp do Trasno Paroleiro; en realidade é un xeito máis doado de acceder aos contidos desta bitácora directamente desde o apartado 'Novedades' de WhatsApp.
Coma no ano anterior, na contraportada da axenda figura un código QR para acceder a esta bitácora, do mesmo xeito que na marxe dereita da túa pantalla (se consultas a bitácora desde un computador ou activaches "Ver versión web" no teu móbil ou tableta).
Xusto enriba del (do código QR) tes tamén un acceso directo á Canle de WhatsApp da que che acabamos de falar; se segues a ligazón e lle dás a "Seguir" xa o tes todo feito.
Ou, se prefires, pódelo facer desde a imaxe de abaixo.
En todo caso, decidas seguir a nosa canle ou non, desde O Trasno Paroleiro trasmitímosche os nosos mellores ánimos para que o novo curso sexa produtivo e feliz, esperemos que máis feliz, polo menos, que o ano que acabou...



Ningún comentario:
Publicar un comentario