A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abriron a
campaña para elixir a Palabra do Ano 2026.
Esta iniciativa permite á cidadanía propoñer e votar a palabra
que mellor represente o ano, para ben ou para mal, vaso a medio encher ou
baleirar.
Se queres máis información sobre a iniciativa podes consultar ESTA NOTICIA na
web da RAG.
Como podes ler nela, a primeira fase, establecida para recoller as suxestións da
cidadanía, estará aberta ata o 20 de novembro.
Posteriormente, a votación final entre as palabras
escollidas estenderase até o 16 de decembro.
A palabra gañadora, coma cada ano, darase a coñecer nas
vésperas do Nadal.
Non é cuestión de botarnos flores a nós mesmos, pero na
pasada edición a palabra que propuxemos resultou gañadora...
Cal é a túa proposta para este ano?
Para comunicala, PREME NESTA LIGAZÓN ou na imaxe do inicio.
mércores, 11 de novembro de 2026
A palabra do ano? Propón a túa!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario