mércores, 3 de decembro de 2025

Palabra do Ano: Contra o xenocidio, vota por el

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren a votación popular para escoller a Palabra do Ano 2025 entre os seis termos finalistas.
E cales son?
Se cadra lembras que hai uns días propuxemos a palabra 'xenocidio' como a palabra do ano.
E non o fixemos, evidentemente, porque nos guste o seu significado ou a sonoridade, senón para denunciar o xenocidio do pobo palestino (e de calquera outro pobo ou colectividade).
Conseguimos o noso obxectivo?
Pois de momento si, xa que 'xenocidio', xunto con 'desfeita', 'foliada', 'loia', 'lume' e 'retrinco' son as palabras seleccionadas.
Todas as propostas, vinculadas a asuntos que marcaron a actualidade recente, combinan preocupación social (como a vulneración de dereitos humanos ou os incendios) con voces que evocan celebración e vitalidade.
A participación está xa aberta no Portal das Palabras e podes votar até o día 21 de decembro. Se queres máis información sobre o concurso podes visitar a web da RAG.
Para votar podes facer clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe que vén a seguir.
Nós imos facelor xa; denunciemos este e calquera xenocidio dándolle visibilidade.
Repara na imaxe: desde unha mesma IP poden votar 3 dispositivos cada día, así que tes a posibilidade de multiplicar o teu voto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario