xoves, 18 de decembro de 2025

Portas arriba

Xa vemos o final do túnel, trasn@!
Se nestes días as casas e as vilas están patas arriba, no cole estamos "portas arriba".
A razón é ben coñecida: mañá pasan moitas cousas, e entre elas o Equipo de Biblioteca dará a coñecer a porta gañadora do seu -xa- tradicional concurso.
Hai quen leva ben de tempo con elas e aproveita até o último minuto para presentar a mellor candidatura.
"Portas arriba", pensamos, é unha boa maneira de describir o momento actual; imos chamar á RAG para que o meta no dicionario, xa que da última non foi.
Agás erro ou esquecemento, a seguir tes as portas candidatas (e algunha imaxe de máis).
Cal é a túa preferida?


Ningún comentario:

Publicar un comentario