luns, 1 de decembro de 2025

UN DE BELÉN, BRO

O mesmo era cousa de pensalo, o de actualizar o nome do mes aos novos usos, que pasarán de moda (cediño, esperemos).
Como o título suxire, chegou por fin decembro e con el -ademais do inverno, a gripe e o frío- abriuse a tempada de beléns.
O primeiro do que te damos conta -pero esperemos que non sexa o único- é o belén artesanal de Valga, que onte abriu as súas portas.
Até o 11 de xaneiro tes a posibilidade de visitalo.
Nunha breve revista de prensa, podemos ver como recollen a noticia:
- LA VOZ DE GALICIA
- A GALEGA
- DIARIO DE VIGO
Podes visitalo calquera tarde de 17:30 a 20:30.
Dependendo da fonte, logo hai quen di que os luns abre ás 17:00, que os domingos e festivos, ademais, pode visitarse de 12:00 a 14:00, outros din que tamén os sábados... así que, para estares segur@, podes confirmar os horarios no 630 95 25 15.
Nunha cousa si coinciden todas as fontes: é totalmente de balde.
Como sabemos, trátase dun dos beléns máis visitados de Galicia (rexistrou 45.000 visitas o ano pasado) e conta co humor e a crítica social como dúas das súas características máis salientables. Noutras palabras, unha especie de entroido adiantado. 
Vai velo xa, porque pronto teremos o de Porto a pleno rendemento!!!
Se queres saber onde está ubicado ou como chegar ata el fai clic na seguinte imaxe:



Ningún comentario:

Publicar un comentario