Un detalle que adoitan ter os grandes é que, cando nos deixan, deixan tamén algunha sorpresa relacionada coa súa obra.
Un tempo atrás, a editorial Luscofusco recuperou corenta textos inéditos de Celso Emilio Ferreiro, recollidos polo seu fillo Xabier Ferreiro, para publicalos baixo o título 'Pido unha patria ao mundo'.
Estes textos sérvennos para coñecer desde unha perspectiva nova o xa ben coñecido compromiso político e poético de Celso Emilio.
'Pido unha patria ao mundo' serve tamén para inaugurar a Colección Moraima, un proxecto editorial que recupera a obra inédita ou pouco coñecida de Celso Emilio Ferreiro e rescata poemas dispersos e esquecidos, ofrecendo unha nova perspectiva sobre a súa escrita en lingua galega.
A obra ten un marcado carácter reivindicativo e introspectivo, onde o poeta clama por unha patria que non chega, unha procura que trascende o ámbito político para converterse nunha reflexión existencial e literaria.
A patria, presentada como un ideal inalcanzable, mestúrase cunha visión desencantada do mundo e cunha fonda necesidade de identidade e pertenenza.
E falando de lusco e fusco, sabías que xa empezeron a medrar as tardes?
martes, 16 de decembro de 2025
Entre lusco e fusco, máis Celso Emilio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario