Estamos xa na recta final e para este luns gardámosche un dos pratos fortes do Nadal cesureño: o belén de Porto.
Un Nadal máis, recuperando figuras doutros anos pero engadindo tamén algunha nova, regresa esta iniciativa que arrancou en 2017 e segue viva de mans dun grupo de, maioritariamente, veciñas.
E non é só un belén, xa que a instalación conta cunha fermosísima árbore branca de Nadal, coas súas luces, todo de vimbia.
Anímate a achegarte a Porto, non sairás decepcionad@.
As imaxes desta entrada foron tiradas DESTA NOTICIA DE LA VOZ DE GALICIA.




Ningún comentario:
Publicar un comentario