mércores, 17 de decembro de 2025

Pontecesures, en Terra Nomeada

A colección Terra Nomeada incorpora dous novos títulos dedicados á toponimia de Zas, Padrón e Pontecesures.
Elaboradas por Fernando Cabeza Quiles e Xosé María Lema, estas obras afondan na orixe e no significado dos nomes de parroquias, aldeas, concellos e accidentes xeográficos.
Ademais, pon especial atención á recuperación das denominacións históricas.
As dúas publicacións contan con versión dixital accesible na web da RAG e contribúen á posta en valor do patrimonio toponímico galego.
Se queres acceder á 'Toponimia de Padrón e Pontecesures' fai click NESTA LIGAZÓN ou na imaxe do inicio. 
NESTA ENTRADA DA WEB DA RAG tes máis información sobre este asunto do que hoxe che falamos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario