Do mesmo xeito cós anos anteriores, o Equipo de Biblioteca do noso Centro convoca o Concurso de decoración das portas das aulas co gallo da chegada do Nadal, como nos indican na súa bitácora (da que roubamos a imaxe superior... case non se nota, verdade?).
Tendo en conta que estamos celebrando o centenario do noso Concello, a ver se se vos ocorre como reflectir esta celebración na vosa porta, sempre utilizando materiais aos que se lles poida dar un novo uso.
Na elección das propostas gañadoras valorarán a creatividade, os materiais empregados, a orixinalidade e a partipación maioritaria do alumnado de cada grupo.
O venres 19 de decembro o xurado percorrerá os corredores e dará a coñecer as portas gañadoras.
Os grupos gañadores recibirán un agasallo para compartiren.
O Equipo de Biblioteca, e o de Dinamización da Lingua Galega con el, anímavos a participar con entusiasmo.
Bulide, bulide, que non resta nada!!!
martes, 9 de decembro de 2025
Ás portas do Nadal... concurso de portas!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario