Non, desta vez non é nosa a brincadeira (a montaxe si)...
Coma nun filme de James Bond, a Fundación Carlos Casares invítache a crear un meme humorístico de promoción da lingua galega e, a cambio, gañar un premio coa convocatoria do concurso 'Dende o galego, con humor'.
Dita convocatoria podes consultala NESTA LIGAZÓN ou facendo clic na imaxe superior.
Nela cóntannos que "un meme é (...) unha peza ou obra cuxa principal característica é o
humor (...) poden mesturar creatividade, reivindicación, uso da lingua
propia, identidade e humor nun contexto positivo (...) o obxectivo desta acción é o de
apoiar o proceso de dinamización da lingua galega entre o alumnado de
secundaria e bacharelato para que, a través do humor, fomenten a creatividade
(...) e contribuír, deste
xeito, á promoción de uso do galego, a mellora do seu prestixio e a súa
dinamización social, utilizando a súa propia forma de ver o mundo e a súa
creatividade".
O formato do meme será de
imaxe ("de forma excepcional admitiranse memes en formato GIF").
As creacións
deberán ser orixinais, en lingua galega, e non poden ter sido premiadas
anteriormente noutros concursos.
Só se admitirá unha obra por concursante.
Premiarase a creatividade, a orixinalidade, o uso do humor e a mensaxe que se
pretende transmitir.
Serán descualificadas as creacións que amosen material
obsceno, racista, sexista ou moralmente ofensivo.
Bule, bule, bule, bule!!!, porque a convocatoria estará aberta ata o 15 de decembro de
2025.
As obras deberán enviarse ao correo info@fundacioncarloscasares.org indicando como asunto “CONCURSO ESCOLAR DE MEMES”.
Haberá tres premios, que consistirán en vales de 125, 75 e 50 euros para libros e material
escolar nunha libraría da contorna da persoa premiada.
Se queres máis información, podes CONSULTAR AQUÍ AS BASES COMPLETAS.
Pero máis che vale poñerte con iso, que non falta nin unha semana!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario