xoves, 4 de decembro de 2025

116111: Se tes un problema, chama!!!

Non foi ata hai uns días que nos decatamos e oxalá nunca precises del, pero cómpre que o coñezas.
Falámosche da liña de atención ao menor (ou teléfono da infancia) a través do número 116111, que como nos indica a imaxe está operativo as 24 horas de cada un dos 365 (ou 366) días do ano.
Se tes necesidade de falar, non o dubides: é gratuíto e confidencial.
E soubemos del grazas ao anuncio pendurado no taboleiro da planta baixa, polo método máis antigo...
Xa sabes, se tes un problema e non sabes que facer non o cales: chama!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario