xoves, 11 de decembro de 2025

Galicia hai cen anos

Hai poucos días estreou no Museo do Pobo Galego o filme 'Un viaje por Galicia', rodado en 1929.
Non é que demorase tanto a estrea, senón que o filme acabou de ser restaurado a partir das copias orixinais en celuloide conservadas nos arquivos audiovisuais da Filmoteca Nacional de España.
Esta restauración realizouse coa axuda da Deputación da Coruña por medio da Filmoteca de Galicia.
Se queres coñecer máis sobre asunto, consulta ESTA NOTICIA de Praza Pública.
Como ves, este filme está agora á túa disposición de balde... na túa bitácora.
Podemos, así, espreitar como era Galicia hai cen anos... ou case.



Ningún comentario:

Publicar un comentario