Hai dúas semanas soubemos que o Concello de Pontecesures e a Biblioteca Pública Municipal organizan o II Certame Literario de Relato Curto Oria Moreno.
Promover a igualdade, poñer en valor e reivindicar ás mulleres cesureñas, incentivar a lectura e a escrita como ferramenta de desenvolvemento cultural son, entre outros, os obxectivos deste certame, que leva o nome de Oria Moreno, a decoradora da Cerámica Celta.
Tras o éxito da primeira edición, o prazo para presentar os relatos participantes fica aberto até o 30 de xaneiro, nas condicións que establecen as bases da convocatoria.
Os premios para as diferentes categorías son os seguintes:
> 5º e 6º de Educación Primaria: 150 euros.
> 1º a 4º de ESO: 150 euros.
> Moz@s entre 16 e 18 anos: 250 euros.
> Persoas maiores de 18 anos: 300 euros.
Se queres acceder a máis información sobre o concurso ou consultar as bases reguladoras podes facelo a través do código QR da imaxe, NESTA LIGAZÓN ás bases ou NESTA OUTRA ao BOPPO.
Nas bases podemos ler que o relato deberá promover a igualdade ou cuestionar o modelo social sexista ademais de ter vinculación con Pontecesures.
Nesta imaxe final vemos ás gañadoras da primeira edición do concurso na entrega de premios na Biblioteca Pública Municipal do Concello.
venres, 28 de novembro de 2025
Oria Moreno 2.0
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)



Ningún comentario:
Publicar un comentario