Do mesmo xeito có ano pasado, desde o EDLG queremos propoñervos unha actividade que consideramos interesante no marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller:
En cada grupo debatide para redactardes un lema, ou uns poucos, de poucas palabras, que sirvan para concienciar da necesidade de combater a violencia contra as mulleres.
De entre eses lemas cada rapaz/a escollerá un para elaborar a súa propia pulseira a partir do patrón da imaxe, aínda que o idóneo sería que toda a clase compartise un mesmo lema para visibilizar a unidade na loita contra esta clase de violencia.
Como vedes na imaxe, predeseñamos tres tallas, pero se ningunha delas se adapta convenientemente ao pulso do voso alumnado podedes modificar o tamaño da imaxe no arquivo que vos remitimos ao correo electrónico para personalizala.

A nosa proposta inclúe que o propio martes 25 de novembro, no recreo (no segundo recreo no caso da E.S.O.), o alumnado saíse coas súas pulseiras preparadas e postas como unha forma de manifestar o noso rexeitamento de cara á violencia contra as mulleres e, de paso, o talento artístico de cada un/ha.
A pulseira podédela imprimir en papel ou en cartolina se preferides.
A pulseira podédela imprimir en papel ou en cartolina se preferides.
Unha vez decorada, tamén, podedes plastificala se o desexades. Para que manteña ben a forma pódeselle colocar unha pequena tira de celo detrás do corazón, onde se une coa pulseira, ou no corazón pola parte de fóra, ou na parte interior da pulseira, como prefirades.
NESTA ENTRADA DO ANO PASADO podedes ver como resultou a experiencia na súa primeira edición.
NESTA ENTRADA DO ANO PASADO podedes ver como resultou a experiencia na súa primeira edición.
Deixámosvos tamén unha ligazón á web da ONU relativa a esta loita.

Ningún comentario:
Publicar un comentario